Fundación Illa de San Simón

centro de interpretación
e documentación

O edificio ocupa o espazo do antigo lazareto sucio, situado na illa de San Antón, que serviu tamén como acuartelamento militar na época da colonia penal e como clínica do Fogar Méndez Núñez. O vello inmoble de albanelaría coñecido como “hospitalillo”, composto de soto, primeira planta destinada a clínica e azotea foi restaurado respectando a súa morfoloxía e distribución para albergar un centro de interpretación especializado na historia das illas.

Conta con salas de reunións, despacho e centro de documentación, ademais dunha biblioteca con vinte postos de lectura. Esta alberga unha colección de libros sobre o contorno da ría de Vigo, natureza, historia, arte, costumes de Galicia, literatura medieval, memoria histórica e música de Galicia.