Fundación Illa de San Simón
inicio Xunta de Galicia

Escenario

O gran punto de inflexión na transformación do conxunto de San Simón foi o desenvolvemento do plan director das illas impulsado pola Xunta de Galicia, que é a administración que actualmente xestiona o conxunto de San Simón. Un plan director elaborado en 1998 polo prestixioso arquitecto galego César Portela, que posibilitou a rehabilitación de todo o arquipélago para dotalo de uso cultural e público, nun proceso que se prolongou máis de oito anos. O proxecto de rehabilitación destaca pola conservación e posta en valor do patrimonio da illa a través dun esmerado tratamento paisaxístico do conxunto e a aplicación de criterios funcionais ás distintas edificacións deste espazo.