Fundación Illa de San Simón
inicio Xunta de Galicia

Fundación

A Fundación Illa de San Simón é a encargada, desde o ano 2007, de conservar e promover os valores patrimoniais e dinamizar a actividade cultural deste arquipélago.

Esta entidade sen ánimo de lucro adscrita á Consellería de Cultura da Xunta de Galicia foi declarada fundación de interese galego. O 21 de maio de 2007 celebrou a súa reunión constitutiva, cun padroado formado por diferentes departamentos do governo autonómico, así como o Concello de Redondela e as Universidades de Santiago, A Coruña e Vigo.

O cometido desta fundación vai máis aló do importante labor de conservar e promover os valores naturais, patrimoniais e paisaxísticos do conxunto de San Simón. Tamén foi constituída co obxectivo de converter as illas nun ponteiro contedor cultural, promovendo e desenvolvendo todo tipo de actividades culturais, educativas e de investigación.